Pífano Teatro

Weblog personal da compañía de teatro Pífano Teatro S.L. formada polas actrices Mela Casal e Gloria Ferreiro.

jueves, octubre 05, 2006

¿QUÉ PASA COAS DEPENDENTAS DOS GRANDES




Luly e Puri son dúas dependentas duns grandes almacéns. Na súa lonxana xuventude fórono todo na empresa . Brillantes, e ousadas fixéronse as raiñas das súas respectivas sección de venda.

Agora viven o ocaso da súa carreira, desprazadas polas novas xeracións de “anoréxicas sen conciencia”, como ambas as califican, remoen a súa desgracia no almacén, lonxe das luces dos escaparates, o trato directo coa clientela e a loita polo poder no colectivo de vendedores.

Luly está separada de feito, ainda que ela non o sabe ou non o admite. Ten graves sproblemas de dependencia con todo tipo de pastillas.

Puri é unha fánatica do esoterismo, as ciencias ocultas, os adiviños e as liñas 906. Precisamente unha abultada factura de consumo telefónico nestas liñas centra boa parte da intriga da obra.

O novo xerente, un tipo xove e agresivo formado no estranxeiro, iniciou unha investigación interna para determinar a responsabilidade do gasto en chamadas.

As nosas heroínas reciben a noticia con terror. Pero un fillo de Luly, adicto á informática e á roupa de marca está disposto, a cambio dun alixo de vaqueiros de marca e zapatillas deportivas, a entrar na rede informática do centro comercial e altera-los datos para que a culpa do gasto recaia naquelas extensión que as nosas protagonistas desexen. Ambas preparan a súa vinganza.


FICHA TÉCNICA

Título: ¿Qué pasa coas dependentas dos grandes almacéns ó cumpriren os cincuenta?

Autor: Antón Losada

Director: Xan Cejudo

Actrices: Mela Casas e Gloria Ferreiro

Axudante de Dirección: Xavier Picallo

Música e Soundtrack: Piti Sanz

Deseño vestiario e maquillaxe: Carmela Montero

Realización vestiario: Carmen Pichel

Escenografía: Baltasar Patiño

Realización escenográfica e iluminación: B&K


Asistencia técnica: Kachet Logística Espectacular

Duración: 1 hora e 10 minutos