Pífano Teatro

Weblog personal da compañía de teatro Pífano Teatro S.L. formada polas actrices Mela Casal e Gloria Ferreiro.

jueves, octubre 05, 2006

¿QUÉ PASA COAS DEPENDENTAS DOS GRANDES




Luly e Puri son dúas dependentas duns grandes almacéns. Na súa lonxana xuventude fórono todo na empresa . Brillantes, e ousadas fixéronse as raiñas das súas respectivas sección de venda.

Agora viven o ocaso da súa carreira, desprazadas polas novas xeracións de “anoréxicas sen conciencia”, como ambas as califican, remoen a súa desgracia no almacén, lonxe das luces dos escaparates, o trato directo coa clientela e a loita polo poder no colectivo de vendedores.

Luly está separada de feito, ainda que ela non o sabe ou non o admite. Ten graves sproblemas de dependencia con todo tipo de pastillas.

Puri é unha fánatica do esoterismo, as ciencias ocultas, os adiviños e as liñas 906. Precisamente unha abultada factura de consumo telefónico nestas liñas centra boa parte da intriga da obra.

O novo xerente, un tipo xove e agresivo formado no estranxeiro, iniciou unha investigación interna para determinar a responsabilidade do gasto en chamadas.

As nosas heroínas reciben a noticia con terror. Pero un fillo de Luly, adicto á informática e á roupa de marca está disposto, a cambio dun alixo de vaqueiros de marca e zapatillas deportivas, a entrar na rede informática do centro comercial e altera-los datos para que a culpa do gasto recaia naquelas extensión que as nosas protagonistas desexen. Ambas preparan a súa vinganza.


FICHA TÉCNICA

Título: ¿Qué pasa coas dependentas dos grandes almacéns ó cumpriren os cincuenta?

Autor: Antón Losada

Director: Xan Cejudo

Actrices: Mela Casas e Gloria Ferreiro

Axudante de Dirección: Xavier Picallo

Música e Soundtrack: Piti Sanz

Deseño vestiario e maquillaxe: Carmela Montero

Realización vestiario: Carmen Pichel

Escenografía: Baltasar Patiño

Realización escenográfica e iluminación: B&K


Asistencia técnica: Kachet Logística Espectacular

Duración: 1 hora e 10 minutos

VENTOS




A poesía de Celso Emilio Ferreiro en escena

Estamos diante dunha nova ollada sobre a obra do poeta ourensano na que se aposta pola liñas panteista, amatoria e pop, esta última un tanto descoñecida e sorprendente pola actualidade dos contidos destes textos.

En escena, dúa divas que compiten por se-lo centro de atención da escena e un director que trata de sacar adiante o espectáculo aguantando as impertinencias das divas. Un toque de humor en escena que non lle resta solemnidade os textos senon que lle axuda ó público máis novo a introducirse na obra de Celso Emilio.

A representación está dirixida ó público xeral e ós alumnos de bacherelato, para éstes o espectáculo conta cunha Unidade Didáctica (UD) elaborada pola profesora de Teoría da Literatura da Universidade de Santiago de Compostela. A UD entregaselle ó profesorado como apoio para un posterior traballo nas aulas.

A proposta escénica de Pífano Teatro sobre a poesía de Celso Emilio Ferreiro estreouse na Hermandade Galega de Caracas.


FICHA TÉCNICA

Título: Ventos
Dirección: Xavier Picallo
Actores: Xavier Picallo, Mela Casal e Gloria Ferreiro
Duración: 40’
Escenografía: Xavier Picallo
Deseño de vestiario: Mela Casal
Responsable Unidade Didáctica: Iris Cochón